Fernando Pinto do Amaral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1960 (64 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, crítico literario |
Fernando José Branco Pito do Amaral, nado en Lisboa o 12 de maio de 1960, é un profesor de Literatura, tradutor e poeta portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de António Pinto do Amaral (Estarreja, Beduído, 22 de xaneiro de 1910 - Lisboa, 6 de maio de 1977), Médico, e da súa segunda muller Maria Eugénia Rodrigues Branco (Lisboa, 1 de abril de 1927), popular actriz da década de 1940.
Comezou na Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa entre 1979 e 1982, mais desistiu do curso en prol das letras. Licenciado en Linguas e Literaturas Modernas e doutorado en Literatura Románica, deu aulas desde 1987 no Departamento de Literaturas Românicas da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.[1]
Ten colaborado nas revistas LER, A Phala, Colóquio/Letras, Relâmpago e fixo crítica literaria nos xornais Público e JL. Traduciu As Flores do Mal, de Baudelaire, e Poemas Saturnianos de Verlaine. Traduciu tamén toda a poesía do arxentino Jorge Luis Borges e a Gabriela Mistral.[2]
En 2009 foi nomeado comisario do Plano Nacional de Lectura, cargo que ocupou até abril de 2017.[3]
Ten unha filla, Laura Maria Pereira Pedrosa Pinto do Amaral (Lisboa, 21 de xaneiro de 1998). É primo irmán do inmunoloxista António A. Coutinho.
Toda a obra de Fernando Pito do Amaral, como poeta, ensaísta e tradutor, xira en torno á melancolía que rodea as vivencias finiseculares, modulada, neste final de século en concreto, pola noción de pos-modernidade, que marca de forma particular o discurso do autor.[4]
En 2002 Luciano Rodríguez coordinou Horizontes poéticos (Xerais) no que incluíu a Alex Susanna, Felipe Juaristi Galdós, Pilar Pallarés, Luis García Montero e Fernando Pinto do Amaral.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Acédia (1990). Assírio & Alvim.
- A escaleira de Jacob (1993).
- Ás cegas (1997). Relógio D'Água.
- Poesía reunida: 1999-2000 (2000). Dom Quixote.
- Pena suspensa (2004). Dom Quixote.
- A luz da madrugada (2007). Dom Quixote.
- Poemas escolhidos (1990 - 2007) (2009). Dom Quixote.
- Paliativos (2012). Língua Morta. Antoloxía de poesía.
- Manual de cardiologia (2016). Dom Quixote.
- O Terceiro Vértice (2019). Dom Quixote.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O mosaico fluído: Modernidade e pós-modernidade na poesia portuguesa mais recente: autores revelados na década de 70 (1991). Assírio & Alvim.
- Na órbita de Saturno: cinco ensaios e uma paráfrase (1992). Hiena.
- Discurso e imaxes da melancolía na poesía portugesa do século XX (1997). Tese de doutoramento.
- Antologia Poética de Mário de Sá-Carneiro (2010). Dom Quixote.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Área de servizo e outras historias de amor (2006). Dom Quixote. Contos.
- O segredo de Leonardo Volpi (2009). Dom Quixote. novela.
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A aventura no Game Boy (2004). Texto Editores.
- O Primo Basílio de Eça de Queiroz (2008). Quasi Edições.
- A miña primeira Sophia (2009). Dom Quixote.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1998: Premio PEN Club de Ensaio por O Mosaico Fluido — Modernidade e Pós-Modernidade na Poesia Portuguesa Mais Recente.
- 2008: En Madrid, Premio Goya, na categoría de Mellor Canción Orixinal polo seu Fado da Saudade, interpretado por Carlos do Carmo no filme Fados, de Carlos Saura.[6]
- As Flores do Mal, de Baudelaire, Premio do Pen Club e Premio da Asociación Portuguesa de Tradutores.
- 2016: Manual de Cardiologia recibiu o Premio do PEN Clube Português
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografia - Fernando Pinto do Amaral". escritas.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-07.
- ↑ "Fernando Pinto do Amaral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07.
- ↑ "Diário da República" (PDF). dre.pt/pdf2sdip/2009.
- ↑ "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07.
- ↑ Susanna, Alex; Galdós, Felipe Juaristi; Pallarés, Pilar; Montero, Luis García; Amaral, Fernando Pinto do; Gómez, Luciano Rodríguez (2002). Horizontes poéticos. ISBN 978-84-8302-781-3.
- ↑ "Fernando Pinto Amaral - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07.